Saturday 20 de April de 2024

A prevención de atropelos focalizará unha charla na Pobra


O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá no 8 de febreiro, a partir das 17.00 horas, unha charla relativa á circulación peonil a cargo do coordinador provincial de Educación Viaria.

O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), relata que se promove esta acción a través do corpo da Policía local en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para a prevención dos atropelos.

Establécese así como unha prioridade a protección dos/as viandantes máis vulnerables e, nesta senda, repartiranse chalecos reflectores entre as persoas asistentes ao coloquio.

O acceso é libre ata completa-la cabida.